Dúas receitas paleo, saudables e fáciles, que se convertirán en moi recurrentes na vosa cociña

Patricia, de «Bodegón A Cunca» en Lalín, foi a primera chef en abrirnos as súas portas nesta nova iniciativa de «Xuntos na cociña». O pasado martes 14 de abril preparou en directo no noso Instagram (@centro.move) dúas receitas deliciosas, saudables e fáciles de elaborar. A continuación, deixámosvos os ingredientes e a preparación de ambas: pan paleo e donuts de espinacas e chocolate.

DONUTS DE ESPINACAS E CHOCOLATE

Ingredientes:

  • 2 tazas de espinacas frescas
  • 2 ovos
  • 90 gr arrurruz / maizena / almidón de tapioca
  • 100 gr de fariña de améndoa
  • 50 gr fariña de coco
  • 180 ml leite vexetal
  • 60 ml aceite de coco / AOVE / manteiga
  • 4 culleradas de eritritol ou outro endulzante (dátiles remollados, mel, xilitol)
  • 1/ tbsp de vainilla
  • 1/2 tbsp de sal
  • 10 gr de bicarbonato ou 20gr de royal
  • 20 gr vinagre de mazá
  • Chocolate para fundir ou cacao do máis puro que poidamos (máis do 70%)

Preparación:

  1. Poñemos todos os ingredientes na procesadora / batidora / robot de cociña.
  2. Misturamos durante 25 segundos.
  3. Preparamos o molde, engrasando con aceite de coco / AOVE / manteiga.
  4. Metemos no forno moi quente, a 180 grados durante 12-15 minutos.
  5. Preparamos a cobertura con cacao / chocolate e unha cullerada de manteiga.
  6. Sumerximos media dona ou toda a dona, e deixamos que sequen.
  7. Donas ou donuts de espinacas e chocolate listos para zampar!

PAN PALEO

Ingredientes:

  • 200 ml auga a 100 grados de temperatura
  • 130 gr fariña de améndoa.
  • 30 gr psyllium ou linaza en pó (eu 15 en pó, 15 en semente) 
  • 1/2 tbsp sal
  • 10 gr bicarbonato ou 20 gr royal
  • 20 gr vinagre de mazá
  • 2 claras de ovo
  • Sementes de amapola, sésamo, pipas ao gusto.

Preparación:

  1. Poñemos todos os ingredintes secos nun recipiente, e misturamos ben. 
  2. Engadimos as 2 claras de ovo, remexemos de novo.
  3. Agora imos remexendo ao tempo que engadimos auga pouco a pouco, hasta que a masa estea saturada. Seguramente nos sobre algo de auga. 
  4. Coa masa resultante, de textura similar a barro mollado (pero espesa), iremos dando forma aos boliños, terán un tamaño aproximado dunha mandarina, para facilitar así a súa cocción.
  5. Poremos agora cada boliño na bandexa do forno, con papel sulfurizado, papel graxa debaixo para que non se peguen.
  6. Barnizamos cada boliño con auga.
  7. Por último poñemos as sementes a gusto a modo de toppins.
  8. Metemos no forno quente, uns 40-50 minutos a 180 grados. 
  9. E xa temos pan paleo para comer!

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora: