fbpx

Ingredientes saudables para elaborar un par de receitas veganas moi fáciles e rápidas

Susana e Diego son os donos da crêperie «La Bretonne» e percorren festivais de música e gastronómicos de toda a península facendo unhas crepes exquisitas. Este martes 21 de abril foron os invitados da nosa iniciativa «Xuntos na cociña», outro directo máis que levamos a cabo no Instagram de Move (@centro.move). As receitas que nos ensinaron a preparar (crema de untar e crepe veganas) non soamente son fáciles e rápidas de facer, senón saudables e ideais para calquera momento. Deixámosvos aquí os ingredientes e o método de preparación, e ao final do artigo os links ao resto de receitas dos demáis chefs que pasaron por «Xuntos na cociña».

CREMA DE UNTAR VEGANA

Ingredientes:

  • 1 talo de apio (ben é certo que apenas se nota, pero como alternativas poderíase probar fiúncho, cardo, ruibarbo e quizáis porro)
  • Raiadura de 1/2 limón
  • 1/2 cullerada pequena de xenxible
  • 2 dátiles
  • 1/2 taza de anacardos (postos en remollo 1 hora antes)
  • 1/2 cullerada de aceite
  • 1/2 vaso de auga
  • Pementa

Preparación:

  • Poñemos os anacardos en remollo unha hora antes.
  • Nun vaso de batidora introducimos o apio cortado en dados pequenos, a raiadura de limón, o xenxibre, os dátiles, os anacardos escurridos e a pementa ao gusto. 
  • Introducimos auga pouco a pouco mentras batimos para conseguir a textura que queiramos, máis ou menos líquida.
  • Lista!

CREPE VEGANA

Ingredientes para a masa (da para 5 unidades aprox):

  • 125 gr fariña de trigo sarraceno
  • 300 ml auga
  • 1 cullerada cúrcuma
  • 1/2 cullerada comiño
  • Pementa
  • Sal

Ingredientes para o recheo:

  • 1 puñado de espinacas frescas
  • 6 tomates cherry
  • 6 champiñóns
  • Zume de 1/2 limón
  • Pementa

Preparación:

  • Para a masa misturamos a fariña de trigo sarraceno, o comino, a cúrcuma, un belisquiño de sal e a pementa ao gusto nun bol.
  • Cunha batidora manual de barillas (a poder ser, e senon batidora normal) misturamos introducindo a auga.
  • Poñemos unha crepera ou unha sartén antiadherente ao lume e cun papel ou pincel de cociña frotámoslle un pouquiño aceite.
  • En canto estea moi quente, facemos as crepes o máis finas posible, xirando a sartén para extender ben a masa por toda a superficie.
  • Cortamos os champiñóns en láminas e deixámolos macerar con pementa ao gusto e o zume do limón durante 10 minutos.
  • Lavamos as espinacas e cortámoslles o rabiño. 
  • Lavamos tamén ben os tomate cherry e cortámolos en láminas finas.
  • Colocamos a crepe nun plato e botámoslle os ingredientes nesta orde: espinacas, tomates cherry, champiñóns e finalmente a crema vegana. 
  • Envolvemos e lista para comer!

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora: