fbpx

Aprendemos unha forma alternativa de preparar o hummus tradicional e abrimos a mente a un prato novo en versión saudable a base de tenreira

Alberto, do restaurante «Casa Currás» de Lalín, foi o noso segundo invitado en «Xuntos na cociña». Sorprendeunos con dúas receitas que dan un xiro saudable e distinto a pratos que, tradicionalmente, se preparan con outros ingredientes. Este pasado venres 17 de abril, en directo no Instagram de Move (@centro.move), non soamente cociñou e respondeu ás nosas preguntas e dúbidas, senón que nos fixo pasar momentos divertidos gracias á súa espontaneidade. Deixámosvos os ingredientes e a preparación tanto do hummus de coliflor como do solombo estilo «Strogonoff» a continuación.

HUMMUS DE COLIFLOR CON CHIPS VEXETAIS

Ingredientes:

  • 1 coliflor pequena
  • 150 gr pasta tahín ou pasta de sésamo
  • 1 zume de limón
  • 4 dentes de allo
  • 20 gr de ceboleta 
  • Aceite AOVE
  • Sal 
  • Pementa negra
  • Pementón doce e picante
  • Sémolas de sésamo tostado 
  • 1 boniato
  • 1 yuca
  • 1 plátano macho

Preparación:

  1. Metemos os 4 dentes de allo envoltos en papel aluminio no forno para asalos durante 25-30 minutos a 180-200 graos.
  2. Cocemos a coliflor en abundante auga e unha vez cocida sumerxímola en auga fría para cortar a cocción.
  3. Unha vez asados os allos e unha vez cocida a coliflor, misturámolos co resto dos ingredientes: a pasta tahín (ou pasta de sésamo), o zume do limón, a ceboleta, o sal e a pementa ao gusto e dúas culleradas de aceite AOVE no vaso triturador trituramos (se non se dispón de vaso triturador, tamén se pode facer cunha batidora).
  4. Quitámoslle a pel ao boniato, á yuca e ao plátano macho e cortámolos o máis finos posibles (cunha mandolina, cun cortafriambre ou senon moi fino cun coitelo).
  5. Lavamos varias veces as chips de boniato e yuca para sacarlles o almidón (que fará que non queden tan crocantes).
  6. Sazonamos as chips e metémolas ben separadas entre elas ao forno: a yuca e o plátano sobre 5 minutos a 200 graos e o boniato 7 minutos a 200 graos tamén.

Presentación:

Podemos presentar o hummus de coliflor en forma de cilindro, facendo círculos cunha manga pasteleira. Espolvoreamos pimentón doce e picante e un chorriño de AVOE. Adornamos con sémolas de sésamo e colocamos as chips.

SOLOMBO “STROGONOFF“ (paleo) CON CABAZA ASADA

Ingredientes:

  • 1 cabaza 
  • 1/2 solombo de terneira (preferiblemente) ou de porco
  • 1 ceboleta
  • 2 dentes de allo
  • 350gr de champiñóns portobelo ou común frescos
  • Salsa de tomate caseira
  • 1 culleradiña de mostaza antiga ou dijon
  • 400ml leite de coco 
  • Aceite de coco
  • Sal 
  • Pementa
  • Canela (opcional)
  • Caldo de carne (opcional)

Preparación:

  1. Pelamos a cabaza e cortámola ao gusto (en cadrados, alongada, como queiramos).
  2. Metémola no forno xa sazonada con aceite, sal e pementa (e canela opcional) durante 20-30 min a 180 graos.
  3. Picamos a ceboleta, o allo e a metade dos champiñóns moi fino e poñémolos a sofritir en aceite de coco.
  4. Unha vez o sofrito estea listo incorporamos a leite de coco e o caldo de carne (opcinal), e deixamos reducir durante 10 minutos.
  5. Ao pasar o tempo, incorporamos a salsa de tomate e a mostaza antiga e tamén deixamos reducir 5 minutos máis.
  6. Pasamos pola prancha brevemente para que non perdan a auga nin o sabor a outra metade dos champiñóns picados en láminas.
  7. Sazonamos o solombo ao gusto con sal e pementa, e untámolo nunha fonte con aceite lixeiramente.
  8. Marcámolo na prancha (sen aceite porque xa o trae el da fonte). A prancha debe estar ben quente.
  9. Sacámolo logo de marcalo e rematámolo na salsa uns minutos.

Presentación:

Emplatamos o solombo recén cortado en láminas, mollámolo coa salsa e engadimos a un lado a cabaza xa asada.

Solomillo Strogonoff con calabaza asada

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora: