Brunch paleo «Xuntos Na Cociña», receita de Belén do restaurante «Árbore da Veira»

Brunch paleo «Xuntos Na Cociña», receita de Belén do restaurante «Árbore da Veira»

Un brunch paleo a base de tortiñas sen fariñas de cereais nen azucres e tostas de ovo poché, guacamole e touciño crocante.

Nesta última edición en directo de «Xuntos Na Cociña», preparamos un brunch paleo da man de Belén López, do restaurante «Árbore da Veira». Belén, unha chef moi nova de Lalín á que temos un enorme cariño e á que admiramos polo seu gran percorrido profesional, acompañounos paso a paso con dúas receitas fáciles ás que recorreremos en moitas ocasións. Por un lado, unhas tortiñas paleo sen fariñas de cereais nen azucres, tremendamente ricas e ao mesmo tempo, saudables. Por outro lado, unhas tostas de ovo poché, guacamole e touciño crocante, saborosísimas e que tiñan como base o pan paleo que prepararamos na primeira edición de «Xuntos Na Cociña».

Deixámosvos a receita de cada un dos pratos deste brunch paleo, e o link para volver facer o pan paleo que nos ensinou Patricia.

TOSTAS DE OVO POCHÉ, GUACAMOLE E TOUCIÑO CROCANTE

Ingredientes (para 2 tostas):

  • 1 marabilloso pan paleo de Patricia de “Bodegón A Cunca”, de tamaño máis grande (tamaño tosta pero gordiño para poder abrilo á metade)
  • 1 aguacate pequeno
  • Medio tomate pequeno
  • 1/4 de cebola
  • Zume de media lima
  • Sal, pementa e cilantro ao gusto
  • 2 ovos
  • 6 láminas finas de touciño
  • Vinagre
  • Leituga, espinacas, canónigos (opcionais)

Preparación:

  1. Quentar o forno a 140 graos, e introducir o touciño, estirado nunha bandexa con papel de forno na base. Cando vexamos que o touciño comeza a soltar a graxa subimos o forno a 200ºC e deixamos ata que seque.
  2. Poñemos auga con sal e un bo chorro de vinagre nunha pota ao lume. Esperamos a que case rompa a ferver, nese momento facemos un remuiíño na auga e incorporamos 1 ovo. Con isto conseguimos que a clara do ovo non se espalle pola auga senón que quede nunha boliña. Repetimos co outro ovo.
  3. Para o guacamole picamos a cebola e o tomate ben picadiños. Nun bol poñenos o aguacate pelado e sen óso, o zumo de lima, o tomate e a cebola e machacamos todo cun batedor de varilla manual. O importante é non usar a batedora, senón machacalo ben así. Rematamos con sal, pementa e cilantro ao gusto.
  4. Abrimos o pan á metade e torrámolo uns minutiños no forno.

Presentación:

  1. Colocamos o pan como base, untamos o guacamole e colocamos o ovo enrriba, e por último o touciño. Adornamos con leituga, espinacas ou canónigos nun lado e listo!
  2. Recomendación paleo extraoficial: acompañar cun cocktail Bloody Mary ou cunha Mimosa sen alcohol.

Receita-Belén-para-Centro-Move_Brunch-paleo-huevo-poché
Tostas de ovo poché, guacamole e touciño crocante. Brunch paleo «Xuntos Na Cociña», por Belén López.

TORTIÑAS PALEO

Ingredientes (para 6-8 unidades):

  • 100 ml de leite vexetal de améndoas, avelás, noces ou coco (tamén o podemos facer cunha mazá cociñada, un plátano ou cunha cenoria asada)
  • 1 ovo
  • 50-60 gr fariña de améndoa
  • 5 gr de levadura (opcional para que queden esponxosas)
  • Canela e esencia de vainilla ao gusto
  • Aceite de oliva ou de coco para engraxar a tixola
  • Aderezo: froitos vermellos, mel, chocolate negro sen azucre/sen estivia (> 70%), froitos secos ou outro tipo de froitas.

Preparación:

  1. Verter 100 ml de leite vexetal no vaso da batidora. Se o facemos con mazá ou cenoria, cómpre pelalas e cociñalas previamente (2 minutos no microondas a mañá, ou facela tipo compota, ou senón 15-20min no forno); se usamos pláta, quitariámoslle a monda e picariámolo directamente para o vaso da batidora.
  2. Xuntar o resto dos ingredientes no vaso da batidora (1 ovo, 50-60 gr de fariña de améndoa, a canela e a esencia de vainilla ao gusto, e se queremos a levadura para darlles esponxosidade).
  3. Bater ata conseguir unha masa espesa e homoxénea.
  4. Quentar a tixola a calor medio e engraxar coa axuda de papel de cociña ou dun pincel.
  5. Verter un pouco da masa na tixola (segundo o grandes que queiramos que sexan as tortiñas) e agardar uns segundos ata observar unhas pequenas burbullas na superficie; nese momento darlle a volta, agardar outros segundos e retirar.
  6. Repetir a acción ata rematar a masa.

Presentación:

Colocar as tortiñas en torre e adornar co noso aderezo.

Receita-Belén-para-Centro-Move_Brunch-paleo-tortitas
Tortiñas paleo. Brunch paleo «Xuntos Na Cociña», por Belén López.

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora:

Espárragos brancos, xarda en salgadura e froitos secos, por Diego do «Restaurante La Molinera»

Espárragos brancos, xarda en salgadura e froitos secos, por Diego do «Restaurante La Molinera»

«Aprender a manipular a xarda e o espárrago» son as claves desta receita que Diego do «Restaurante La Molinera» nos ensinou a preparar en Xuntos Na Cociña.

Diego do «Restaurante La Molinera» foi o quinto chef invitado a Xuntos Na Cociña, unha serie de directos en Instagram que, desde Centro Move quixemos lanzar esta cuarentena cun dobre obxectivo, como sabedes: promover a cociña saudable aprendendo novas receitas e usos de distintos e variados ingredientes, e pasar tempo xuntos como comunidade anque fora de maneira virtual. O prato elexido por Diego do «Restaurante La Molinera«, un dos chef máis coñecidos de Galicia e compañeiro noso de sempre, era sinxelo e repleto de sabor.

«O importante desta receita, ademáis de que sexa saborosa, é aprender a manipular a xarda e o espárrago» adiantábanos Diego.

Diego López, chef e copropietario do Restaurante La Molinera en Lalín
Diego do «Restaurante La Molinera»

A xarda é un peixe común e bastante recurrente, e Diego buscaba ensinarnos a preparalo dunha forma á que non estamos acostumados: xarda á salgadura. O espárrago branco fresco, menos habitual nas nosas cociñas, anque bastante utilizado nos restaurantes, é un produto moi saboroso se se sabe tratar, e iso nos ensinou Diego. A continuación deixámosvos os pasos desta receita na que ampliamos as posibilidades nas nosas cociñas e abrimos un pouco máis o abanico a novos ingredientes.

ESPÁRRAGOS BRANCOS FRESCOS, XARDA EN SALGADURA E FROITOS SECOS

Ingredientes para 2 persoas:

  • Cantidade suficiente de viño para beber mientras cociñamos
  • 1 peza de xarda fresca cortada en lombos (precisamos 2 lombos de xarda)
  • 450 gr de sal fina
  • 150 gr de azucre
  • 12 uds de espárrago branco fresco (atópase nas froiterías, quizáis por encargo)
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Un muíño de pementa negra
  • 4 pezas de noz de macadamia cruda
  • 1/2 dente de allo
  • 1/4 cebola
  • 50 gr de améndoas peladas crúas
  • 3 febras de azafrán
  • 500 gr de caldo de polo

Utensilios necesarios:

  • 1 táboa
  • 1 coitelo ben afiado
  • Unhas pinzas do xeo
  • 1 pranador
  • 1 ou 2 coadores
  • 1 batidora de vaso ou de brazo
  • 3 olas ou cazos medianos
  • 1 tixola
  • 1 bol con auga e xeo abundante
  • 3/4 recipientes medianos para usos varios  

Preparación da xarda en salgadura:

  1. Limpamos a xarda da pel superficial (a máis brillante e transparente) e das espiñas (a pinza do xeo usada ao revés é perfecta para quitar as espiñas).
  2. Separamos en medios lombos e repasamos as espiñas que queden (mellor pedilos xa así da peixería, pero senón tamén se pode facer na casa).
  3. Misturamos o sal co azucre e cubrimos con esta mistura a xarda durante 20-30 minutos. Unha vez pasado ese tempo lavamos, secamos e reservamos.

Preparación dos espárragos:

  1. Pelamos os espárragos brancos e cocémolos en auga con sal e cun pouco de azucre ata que estean ao dente.
  2. Retirámolos da auga da cocción e reservámolos.

Preparación da pepitoria:

  1. Cortamos o allo, a cebola e as cenorias dun tamaño mediano.
  2. Nunha pota, torramos con coidado as améndoas.
  3. Engadimos as verduras e sofritimos.
  4. Introducimos o caldo e as febras de azafrán, e deixamos cocer ben para que se reduza á metade.
  5. Trituramos todo e colamos.

Presentación:

  1. Cortamos os espárragos de maneira que queden bonitos e salteámolos a lume alto. 
  2. Dispoñemos unhas liñas de pepitoria, os espárragos e uns dados da xarda en salgadura.
  3. Rematamos con raiadura de noz de macadamia e un chorriño de aceite de oliva virxe extra.

Espárragos brancos frescos, xarda en salgadura e froitos secos.
Espárragos brancos frescos, xarda en salgadura e froitos secos.

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora:

Ingredientes de sempre levados a categoría Michelín por Lucas e Teresa da «Basque Culinary Center»

Ingredientes de sempre levados a categoría Michelín por Lucas e Teresa da «Basque Culinary Center»

Dúas receitas cun ingrediente de base común: o salmón. Lucas e Teresa, da «Basque Culinary Center», tráennos estas elaboracións maxistrais.

O pasado venres Lucas e Teresa, ambos estudantes na «Basque Culinary Center» de San Sebastián, sorprendéronnos con dúas receitas nas que destacaba a simpleza dos seus ingredientes e a elaboración maxistral. Son dous pratos nos que aprendemos a tratar e a preparar ingredientes de sempre dun xeito diferente, para obter un resultado propio de categoría Michelín. Lucas e Teresa abríronnos a mente e invitáronnos a xogar coas texturas e a dominar a precisión nos tempos de cociñado. Unha gran experiencia neste directo do Instagram de Move, que podedes repetir en calquera momento seguindo as receitas detalladas a continuación.

SALMÓN, ALLOBRANCO E ESFERAS DE OLIVAS

[ Nota: para elaborar esta receita as tarefas a facer antes son conxelar o rulo de salmón e elaborar as esferificacións de oliva ]

Ingredientes para o allo branco:

  • 1 dente de allo.
  • 200 gr de améndoas crúas.
  • Un chorriño de vinagre suave (de viño, mazá ou sidra).
  • Aceite de oliva virxe extra.

Ingredientes para o salmón mariñado:

  • 200 gr de sal.
  • 200 gr de azucre de coco (senón normal).
  • Lombo de salmón sen espiñas (aproximadamente 600 gr; esta é toda a cantidade que usaremos para as dúas receitas).
  • Aceite de oliva virxe extra.
  • Sal.

Ingredientes para as esferas de olivas:

  • 4 gr de agar-agar (2 sobres).
  • 200 ml de aceite de xirasol.
  • 85 gr de olivas negras (unha lata pequena).
  • Raviños (rabanitos en castelán).

Utensilios de cociña:

  • Biberón de boca pequena.
  • Film de cociña.
  • Batidora.
  • Xeo (1 ou 2 cubos).
  • Coador de malla fina.
  • Cazo.

Preparación do allobranco:

  1. Branquexar un dente de allo: poñelo en agua fría a ferver nun cazo e cando ferva cambiar a auga por outra fría e volver poñelo a ferver. Repetir 3 veces.
  2. Cunha batidora triturar o allo e as améndoas, e ir engadindo auga fría pouco a pouco.
  3. Cando estea co espesor desexado, ir engadindo o aceite para emulsionalo.
  4. Poñer a punto con sal e vinagre.

Preparación do salmón mariñado:

  1. Facer unha mistura de sal e azucre a partes iguais.
  2. Poñer o salmón nun bol e cubrir coa mistura durante 15 minutos (VER VÍDEO «Mariñar salmón»).
  3. Facer o rulo de salmón con film de cociña e conxelar para que colla a forma de tubo (VER VÍDEO «Rulo salmón»).
  4. Cortar discos de salmón e deixar desconxelar.

Preparación das esferas de olivas:

  1. Meter un bol con 200 ml de aceite de xirasol na neveira 1 hora antes de comezar.
  2. Triturar 100 gr de olivas negras con 80 gr da auga das olivas.
  3. Pasar por un coador fino para quedarse coa parte líquida (non presionar o líquido no colador para exprimir máis).
  4. Disolver 2 sobres de agar-agar (4 gr) en 10 gr de auga e misturar co zume de oliva colado.
  5. Nun caciño, ferver a mistura e metela no biberón.
  6. Sacar o aceite de xirasol da neveira e deixar caer gotiñas do biberón no aceite. Solidificaranse (VER VÍDEO «Esferificacións olivas»).
  7. Cando estean todas as boliñas/esferificacións feiras, escorelas do aceite coa axuda do coador.

Presentación:

  1. Nun prato un pouco fondo e se pode ser algo plano, poñeremos unha base de allobranco.
  2. Colocaremos 5 anacos de salmón mariñado.
  3. Cortaremos 5 discos de raviños moi finos para colocar enriba de cada anaco de salmón.
  4. Cunha culler pequena, colocaremos 3 montóns pequenos de esferificacións de olivas.
  5. Rematar cunhas gotas de aceite de oliva e cun toque de sal sobre cada anaco de salmón.

SALMÓN, EMULSIÓN DE REMOLACHA, VERDURAS E XEMA

[ Nota: nesta receita usaremos parte do salmón da anterior, pois os 600 gr xa eran para ambas e prepararemos a maionesa previamente ]

Ingredientes para a emulsión de remolacha:

  • 1 remolachas cocida.
  • 1 ovo.
  • 300 ml de aceite de xirasol ou de oliva 0’4.

Ingredientes para as verduras:

  • 1 calabacín.
  • Uns poucos espárragos trigueiros.
  • Mostaza antiga Dijon.

Ingredientes para as xemas:

  • 2 ovos.

Utensilios de cociña:

  • Batidora.
  • Coador.
  • Mandolina ou prana-patacas.

Preparación da emulsión de remolacha:

  1. Montar unha maionesa.
  2. Agregar a remolacha e poñer a punto de sal.

Preparación das verduras:

  1. Separar as xemas dos espárragos e cociñalas á prancha.
  2. Cun prana-patacas, cortar lonchas finas ao longo do calabacín de forma que teñan algo de codia aos lados pero que o centro sexa principamente da carne do calabacín.
  3. Cocelas durante so 10 segundos e secar en papel absorbente.
  4. Untar cada loncha cun pouco de mostaza.
  5. Enrollar cada loncha formando rulos.

Preparación das xemas:

  1. Separar as xemas dos ovos coidadosamente.
  2. Fritir as dúas xemas.

Preparación do salmón:

  1. Cociñar o salmón á prancha. Primeiro dourar ben o lado da pel e logo o outro.

Presentación:

  1. Coa maionesa de remolacha, debuxar unha liña ancha no prato.
  2. Sobre ela, colocar unha das xemas fritas, unhas xemas de espárrago e dous rulos de calabacín.
  3. Poñer nun extremo da liña a ración de salmón á prancha.

Salmón, emulsión de remolacha, verduras e xema.

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora:

Crema de untar e crepe veganas, receitas da crêperie «La Bretonne» en Xuntos na cociña

Crema de untar e crepe veganas, receitas da crêperie «La Bretonne» en Xuntos na cociña

Ingredientes saudables para elaborar un par de receitas veganas moi fáciles e rápidas

Susana e Diego son os donos da crêperie «La Bretonne» e percorren festivais de música e gastronómicos de toda a península facendo unhas crepes exquisitas. Este martes 21 de abril foron os invitados da nosa iniciativa «Xuntos na cociña», outro directo máis que levamos a cabo no Instagram de Move (@centro.move). As receitas que nos ensinaron a preparar (crema de untar e crepe veganas) non soamente son fáciles e rápidas de facer, senón saudables e ideais para calquera momento. Deixámosvos aquí os ingredientes e o método de preparación, e ao final do artigo os links ao resto de receitas dos demáis chefs que pasaron por «Xuntos na cociña».

CREMA DE UNTAR VEGANA

Ingredientes:

  • 1 talo de apio (ben é certo que apenas se nota, pero como alternativas poderíase probar fiúncho, cardo, ruibarbo e quizáis porro)
  • Raiadura de 1/2 limón
  • 1/2 cullerada pequena de xenxible
  • 2 dátiles
  • 1/2 taza de anacardos (postos en remollo 1 hora antes)
  • 1/2 cullerada de aceite
  • 1/2 vaso de auga
  • Pementa

Preparación:

  • Poñemos os anacardos en remollo unha hora antes.
  • Nun vaso de batidora introducimos o apio cortado en dados pequenos, a raiadura de limón, o xenxibre, os dátiles, os anacardos escurridos e a pementa ao gusto. 
  • Introducimos auga pouco a pouco mentras batimos para conseguir a textura que queiramos, máis ou menos líquida.
  • Lista!

CREPE VEGANA

Ingredientes para a masa (da para 5 unidades aprox):

  • 125 gr fariña de trigo sarraceno
  • 300 ml auga
  • 1 cullerada cúrcuma
  • 1/2 cullerada comiño
  • Pementa
  • Sal

Ingredientes para o recheo:

  • 1 puñado de espinacas frescas
  • 6 tomates cherry
  • 6 champiñóns
  • Zume de 1/2 limón
  • Pementa

Preparación:

  • Para a masa misturamos a fariña de trigo sarraceno, o comino, a cúrcuma, un belisquiño de sal e a pementa ao gusto nun bol.
  • Cunha batidora manual de barillas (a poder ser, e senon batidora normal) misturamos introducindo a auga.
  • Poñemos unha crepera ou unha sartén antiadherente ao lume e cun papel ou pincel de cociña frotámoslle un pouquiño aceite.
  • En canto estea moi quente, facemos as crepes o máis finas posible, xirando a sartén para extender ben a masa por toda a superficie.
  • Cortamos os champiñóns en láminas e deixámolos macerar con pementa ao gusto e o zume do limón durante 10 minutos.
  • Lavamos as espinacas e cortámoslles o rabiño. 
  • Lavamos tamén ben os tomate cherry e cortámolos en láminas finas.
  • Colocamos a crepe nun plato e botámoslle os ingredientes nesta orde: espinacas, tomates cherry, champiñóns e finalmente a crema vegana. 
  • Envolvemos e lista para comer!

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora:

Hummus de coliflor e tenreira «Strogonoff», receitas de Alberto «Casa Currás» en Xuntos na cociña

Hummus de coliflor e tenreira «Strogonoff», receitas de Alberto «Casa Currás» en Xuntos na cociña

Aprendemos unha forma alternativa de preparar o hummus tradicional e abrimos a mente a un prato novo en versión saudable a base de tenreira

Alberto, do restaurante «Casa Currás» de Lalín, foi o noso segundo invitado en «Xuntos na cociña». Sorprendeunos con dúas receitas que dan un xiro saudable e distinto a pratos que, tradicionalmente, se preparan con outros ingredientes. Este pasado venres 17 de abril, en directo no Instagram de Move (@centro.move), non soamente cociñou e respondeu ás nosas preguntas e dúbidas, senón que nos fixo pasar momentos divertidos gracias á súa espontaneidade. Deixámosvos os ingredientes e a preparación tanto do hummus de coliflor como do solombo estilo «Strogonoff» a continuación.

HUMMUS DE COLIFLOR CON CHIPS VEXETAIS

Ingredientes:

  • 1 coliflor pequena
  • 150 gr pasta tahín ou pasta de sésamo
  • 1 zume de limón
  • 4 dentes de allo
  • 20 gr de ceboleta 
  • Aceite AOVE
  • Sal 
  • Pementa negra
  • Pementón doce e picante
  • Sémolas de sésamo tostado 
  • 1 boniato
  • 1 yuca
  • 1 plátano macho

Preparación:

  1. Metemos os 4 dentes de allo envoltos en papel aluminio no forno para asalos durante 25-30 minutos a 180-200 graos.
  2. Cocemos a coliflor en abundante auga e unha vez cocida sumerxímola en auga fría para cortar a cocción.
  3. Unha vez asados os allos e unha vez cocida a coliflor, misturámolos co resto dos ingredientes: a pasta tahín (ou pasta de sésamo), o zume do limón, a ceboleta, o sal e a pementa ao gusto e dúas culleradas de aceite AOVE no vaso triturador trituramos (se non se dispón de vaso triturador, tamén se pode facer cunha batidora).
  4. Quitámoslle a pel ao boniato, á yuca e ao plátano macho e cortámolos o máis finos posibles (cunha mandolina, cun cortafriambre ou senon moi fino cun coitelo).
  5. Lavamos varias veces as chips de boniato e yuca para sacarlles o almidón (que fará que non queden tan crocantes).
  6. Sazonamos as chips e metémolas ben separadas entre elas ao forno: a yuca e o plátano sobre 5 minutos a 200 graos e o boniato 7 minutos a 200 graos tamén.

Presentación:

Podemos presentar o hummus de coliflor en forma de cilindro, facendo círculos cunha manga pasteleira. Espolvoreamos pimentón doce e picante e un chorriño de AVOE. Adornamos con sémolas de sésamo e colocamos as chips.

SOLOMBO “STROGONOFF“ (paleo) CON CABAZA ASADA

Ingredientes:

  • 1 cabaza 
  • 1/2 solombo de terneira (preferiblemente) ou de porco
  • 1 ceboleta
  • 2 dentes de allo
  • 350gr de champiñóns portobelo ou común frescos
  • Salsa de tomate caseira
  • 1 culleradiña de mostaza antiga ou dijon
  • 400ml leite de coco 
  • Aceite de coco
  • Sal 
  • Pementa
  • Canela (opcional)
  • Caldo de carne (opcional)

Preparación:

  1. Pelamos a cabaza e cortámola ao gusto (en cadrados, alongada, como queiramos).
  2. Metémola no forno xa sazonada con aceite, sal e pementa (e canela opcional) durante 20-30 min a 180 graos.
  3. Picamos a ceboleta, o allo e a metade dos champiñóns moi fino e poñémolos a sofritir en aceite de coco.
  4. Unha vez o sofrito estea listo incorporamos a leite de coco e o caldo de carne (opcinal), e deixamos reducir durante 10 minutos.
  5. Ao pasar o tempo, incorporamos a salsa de tomate e a mostaza antiga e tamén deixamos reducir 5 minutos máis.
  6. Pasamos pola prancha brevemente para que non perdan a auga nin o sabor a outra metade dos champiñóns picados en láminas.
  7. Sazonamos o solombo ao gusto con sal e pementa, e untámolo nunha fonte con aceite lixeiramente.
  8. Marcámolo na prancha (sen aceite porque xa o trae el da fonte). A prancha debe estar ben quente.
  9. Sacámolo logo de marcalo e rematámolo na salsa uns minutos.

Presentación:

Emplatamos o solombo recén cortado en láminas, mollámolo coa salsa e engadimos a un lado a cabaza xa asada.

Solomillo Strogonoff con calabaza asada

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora:

Pan paleo e donuts de espinacas e chocolate, receitas de Patricia «A Cunca» en Xuntos na cociña

Pan paleo e donuts de espinacas e chocolate, receitas de Patricia «A Cunca» en Xuntos na cociña

Dúas receitas paleo, saudables e fáciles, que se convertirán en moi recurrentes na vosa cociña

Patricia, de «Bodegón A Cunca» en Lalín, foi a primera chef en abrirnos as súas portas nesta nova iniciativa de «Xuntos na cociña». O pasado martes 14 de abril preparou en directo no noso Instagram (@centro.move) dúas receitas deliciosas, saudables e fáciles de elaborar. A continuación, deixámosvos os ingredientes e a preparación de ambas: pan paleo e donuts de espinacas e chocolate.

DONUTS DE ESPINACAS E CHOCOLATE

Ingredientes:

  • 2 tazas de espinacas frescas
  • 2 ovos
  • 90 gr arrurruz / maizena / almidón de tapioca
  • 100 gr de fariña de améndoa
  • 50 gr fariña de coco
  • 180 ml leite vexetal
  • 60 ml aceite de coco / AOVE / manteiga
  • 4 culleradas de eritritol ou outro endulzante (dátiles remollados, mel, xilitol)
  • 1/ tbsp de vainilla
  • 1/2 tbsp de sal
  • 10 gr de bicarbonato ou 20gr de royal
  • 20 gr vinagre de mazá
  • Chocolate para fundir ou cacao do máis puro que poidamos (máis do 70%)

Preparación:

  1. Poñemos todos os ingredientes na procesadora / batidora / robot de cociña.
  2. Misturamos durante 25 segundos.
  3. Preparamos o molde, engrasando con aceite de coco / AOVE / manteiga.
  4. Metemos no forno moi quente, a 180 grados durante 12-15 minutos.
  5. Preparamos a cobertura con cacao / chocolate e unha cullerada de manteiga.
  6. Sumerximos media dona ou toda a dona, e deixamos que sequen.
  7. Donas ou donuts de espinacas e chocolate listos para zampar!

PAN PALEO

Ingredientes:

  • 200 ml auga a 100 grados de temperatura
  • 130 gr fariña de améndoa.
  • 30 gr psyllium ou linaza en pó (eu 15 en pó, 15 en semente) 
  • 1/2 tbsp sal
  • 10 gr bicarbonato ou 20 gr royal
  • 20 gr vinagre de mazá
  • 2 claras de ovo
  • Sementes de amapola, sésamo, pipas ao gusto.

Preparación:

  1. Poñemos todos os ingredintes secos nun recipiente, e misturamos ben. 
  2. Engadimos as 2 claras de ovo, remexemos de novo.
  3. Agora imos remexendo ao tempo que engadimos auga pouco a pouco, hasta que a masa estea saturada. Seguramente nos sobre algo de auga. 
  4. Coa masa resultante, de textura similar a barro mollado (pero espesa), iremos dando forma aos boliños, terán un tamaño aproximado dunha mandarina, para facilitar así a súa cocción.
  5. Poremos agora cada boliño na bandexa do forno, con papel sulfurizado, papel graxa debaixo para que non se peguen.
  6. Barnizamos cada boliño con auga.
  7. Por último poñemos as sementes a gusto a modo de toppins.
  8. Metemos no forno quente, uns 40-50 minutos a 180 grados. 
  9. E xa temos pan paleo para comer!

Consulta o resto de receitas publicadas ata agora: