SOMOS MOVE
As reunións diarias dos nosos especialistas permítennos crear unha imaxe completa de ti e deseñar un plan para cumprir coas túas expectativas.
SOMOS MOVE
Aquí creamos saúde
TRABALLA CONNOSCO
Se queres traballar connosco e consideras que o teu perfil profesional se axusta á nosa filosofía e á nosa forma de entender a saúde, non dubides en te poñeres en contacto connosco.
CONTACTO
ASER PEREIRA
· CO-FUNDADOR DE CENTRO MOVE ·
· FISIOTERAPEUTA COFIGA 2755 ·
· OSTEÓPATA C.O. ·
· Nº REXISTRO SANITARIO C-36-002653 ·
– Diplomado en Fisioterapia (Universidade de A Coruña).
– Osteópata C.O. (Escuela del Concepto Osteopático, Barcelona- Santiago de Compostela).
– Máster Universitario en Psiconeuroinmunología Clínica (PNIc) (Universidade Pontificia de Salamanca).
– Outras formacións en: Osteopatía Pediátrica, PNIc en Embarazo e Pediatría, Reeducación Integrativa Oculomotora (Método RIO) e Terapia BRMT en reflexos primitivos.
Amante dos sistemas naturais, a comprensión do ser humano non é unha excepción. O estudo de súa anatomía e fisioloxía, e de como nos relacionamos co noso entorno son a miñá paixón, e tamén as bases nas que se sustenta a miña práctica clínica como fisioterapeuta e osteópata.
ALBERTO MOURIÑO
· CO-FUNDADOR DE CENTRO MOVE ·
· PREPARADOR FÍSICO ·
· READAPTADOR DE LESIÓNS ·
· COL. 55229 GALICIA ·
– Máster en Fisioloxía do Exercicio (Universidad de Barcelona).
– Máster en Mecánica do Exercicio, Nivel 3 (Resistence Institute).
– Máster en Alto Rendemento (Comité Olímpico Español, COE Madrid).
– Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Universidade de A Coruña).
– Diplomado en Maxisterio por Educación Física (Universidade de Vigo).
Son un férreo defensor do exercicio físico como elemento indispensable da saúde. A miña visión do exercicio físico componse de tres pilares:
– A mecánica do exercicio – coñecemento do corpo humano para poder seleccionar o tipo de exercicio e poder mellorar a función muscular.
– A fisioloxía – coñecemento do metabolismo para empregar a metodoloxía idónea na busca do obxectivo.
– As cargas de adestramento – interrelación das variables do adestramento na busca dun mellor estado de forma e, consecuentemente, na redución do risco de lesión.
SANDRA REBOLO
· PROFESORA DE IOGA
POLA ESCOLA INTERNACIONAL ·
– Máster de Ioga (Escuela Internacional de Ioga, avalado por la Yoga Alliance International, la European Yoga Federation y la Federación Española de Yoga Profesional).
– Cursos Superiores de Especialización en Ioga Restaurativo e Ioga na Educación (Escuela Internacional de Yoga).
O Ioga permitiume fluír e soltar todo o que me ataba, e pasou a formar parte de mi vida. Nas miñas clases de Hatha Ioga en Centro Move, abarcamos aspectos físicos da práctica de Ioga (Âsanas), e tamén da respiración (Pranayama), da relaxación e da meditación.
O Ioga é una disciplina apta para todo o mundo, e por iso nas clases ofrezo as adaptacións necesarias para que todos poidades desfrutar da práctica. No Ioga é clave respectar o ritmo de cada persoa e gústame acompañarvos no voso proceso de aprendizaxe individual. O meu obxectivo é que veñades a gusto á clase e marchedes aínda mellor; que durante la práctica atopedes un momento de calma, de interiorización, de paz e de benestar no medio do ritmo de vida alporizada que vivimos.
PABLO CACHEDA
· XESTOR E COORDINADOR ·
– Entrenador nacional de balonmano (Federación Española de Balonmano) 2018-2020.
– Entrenador del Disiclín Balonmano Lalín en División de Honor B y en 1ª Nacional. Temporadas 2020 – 2021 y 2019 – 2020.
– Ex-jugador profesional de balonmano en Liga Asobal y en División de Honor Bl.
– Academia Octavio. Temporadas 2010 – 2013. Con el que consiguió el Campeonato de División de Honor B y el consiguiente ascenso a Liga Asobal. Y el premio a mejor debutante de Asobal en la temporada 11/12.
– BM Valladolid. Temporadas 2013 – 2014.
– Ciudad de Logroño. Temporadas 2014 – 2017. Con el que consiguió dos Sub-Campeonatos en la Liga Asobal(14/15 – 15/16), un Sub-Campeonato en Copa Asobal (15/16) y con el que disputó durante las 3 temporadas la EHF Champions League llegando a ⅛ de final en la temporada 14/15.
Dende hai moitos anos son un apaixoado do deporte en xeral e do balonmán en particular. Sempre sentín un interese especial polos aspectos físicos do deporte e pola preparación física dos deportistas para lograr un maior rendemento e a consecución dos mellores resultados individuais e colectivos.
Son un defensor do “adestramento” durante as 24h do día, porque penso que é fundamental levar unha vida saudable e correctamente dirixida co fin de sacar o maior partido ás cualidades tanto do individuo como dos colectivos.
MARCOS LOUREIRO
· PREPARADOR FÍSICO ·
· MONITOR NACIONAL DE NATACIÓN ·
· REX. M-040436 ·
· SOCORRISTA EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS,
· REX. 01394 ·
– Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade de Contextos Educativos (Universidade de Vigo).
Diplomado en Maxisterio Infantil (Universidade de Vigo).
– Técnico Superior en Actividades Físicas e Animación Deportiva (I.E.S. “As Lagoas” – Ourense).
– Formación especializada en Cross Training, Personal Training, Halterofilia, Kettlebell, Adestamento funcional, H.I.S.T., Certificación Elements.
Sacrificio, cooperación, superación, disciplina, perseverancia, compañeirismo. Son valores que teño interiorizado desde que competía en natación. Encántame o deporte e o exercicio físico; considéroos hábitos de vida saudables básicos para mellorar a calidade do benestar da sociedade. Sei que estou no lugar adecuado desempeñando, xunto cos meus compañeiros, un traballo en equipo que involucra distintas disciplinas. Así que a miña satisfacción persoal e profesional é enorme e así llo intento transmitir aos usuarios e pacientes de Move.
MARTA MACEIRA
· PROFESORA DE DANZA POLA NSCA
E DANZA 180 GRADOS ·
· INSTRUCTORA DE PILATES
POLO
MÉTODO PILATES (FORBES) ·
– Formación Profesional en Danza Clásica, Jazz e Modern Jazz (Danza 180 Grados, Madrid).
– Profesora de Danza Moderna (NSCA, National Strength and Conditioning Association).
– Instrutora de Pilates (Método Pilates, Forbe).
Bailar é como soñar cos pes, e cada paso que damos vai acompañado dunha banda sonora diferente, por iso é tan importante escoitar e sentir cada nota da música aínda que sexa da natureza. Fará que sexas consciente do agora, e do conxunto mente-corpo.
A danza é unha definición clara de como cada un sinte a través do movemento, e é fundamental exercitar o corpo, saber dirixir de maneira correcta a nosa ferramenta de traballo e fortalecer e equilibrar o core, que é de onde sae toda a nosa forza.
Iso trato de ensinar con Barre en Centro Move.
EVA NERCELLAS
· FISIOTERAPEUTA ·
· Nº REXISTRO SANITARIO C-36-002653 ·
– Experta en Obstetricia e Uroxinecoloxía (CRF Amostegui, Éibar).
– C.O. Osteopatía (Escuela Osteopatía de Madrid).
– Máster Oficial en Fisioterapia Deportiva e Reeducación Física (EUG Gimbernat, Sant Cugat).
– Grado en Fisioterapia (Universitat Rovira i Virgili, Reus).
Desde que comecei a miña carreira profesional como fisioterapeuta intereseime pola importancia que ten tratar o corpo coma un todo.
Apaixonada do mundo da muller e das súas fases decidín afondar máis nese campo desde unha visión osteopática.
Adico unha gran parte do meu tempo en entender como se manifestan os diferentes modos de vida a través do corpo e en actualizar as diferentes vías coas que poder axudar ás persoas.
ANA QUINTANA
· PSICÓLOGA SANITARIA ·
· COL G-4575 GALICIA ·
· Nº REXISTRO SANITARIO C-36-003183 ·
– Licenciada en Psicoloxía.
– Posgrado en Neuropsicoloxía Clínica.
– Experto en Coaching Persoal.
– Formación especializada en avaliación e rehabilitación neuropsicolóxica, avaliación da linguaxe e neuropsicología infanto-xuvenil.
O tratamento de patoloxías relacionadas co dano cerebral adquirido ou conxénito, e o estudio dos procesos cognitivos superiores é a base do meu traballo. Sempre dende unha perspectiva multidisciplinar, e entendendo a conduta dende un plano sistémico.
Non só o paciente é importante no proceso, creo na importancia de apoiar durante o tratamento á familia e coidadores, quen son unha base fundamental na adquisición de melloras e logro dunha maior autonomía e funcionalidade.
NATALIA LÓPEZ
· FISIOTERAPEUTA ·
· COL 1785 GALICIA ·
· Nº REXISTRO SANITARIO C-36-003191 ·
– Diplomada en fisioterapia, 2008 (Universidade de Vigo).
– Curso básico Concepto Bobath en pediatría, 2014 (Hospital Sant Joan de Déu. Barcelona).
– Curso de movemento normal. Introdución al concepto Bobath, 2013. (Fundación Foltra).
– Curso de introdución al método Bobath en pediatría, 2013. (Fundación Bobath, Madrid).
– Posgrado de Fisioterapia en Pediatría, 2011 (Escoles universitáries Gimbernat i Tomás Cerdá).
O meu camiño na fisioterapia foi transcurrindo a través da neuroloxía, ámbito polo que sinto un enorme respecto e amor. A fisioterapia neurolóxia permitiume coñecer a parte más humana desta profesión.
Sei que detrás de cada patoloxía hai unha persoa, unha familia, unha historia e unhas circunstancias. Aprendín que non hai dous pacientes iguais, e que eles e as súas circunstancias están estreitamente conectados ao seu entorno e ás persoas que os rodean. É imprescindible mirar máis alá da patoloxía que sofren, e atender tamén as súa esfera social, psicolóxica e motora.
ENDEREZO
Rúa Otero Pedrayo 8 baixo
36500 Lalín (PO)
Galicia (España)
HORARIO ÁREA SANITARIA
Luns a venres 7:45h – 21:00h
Sábados 7:45h – 14:00h
HORARIO ÁREA DEPORTIVA
Luns a venres 7:00h – 22:00h
Sábados 9:00h – 12:30h
Copyright 2022 © Centro Move
Aviso legal – Política de privacidade
Política de cookies
HORARIO ÁREA SANITARIA
Luns a venres 7:45h – 21:00h
Sábados 7:45h – 14:00h
HORARIO ÁREA DEPORTIVA
Luns a venres 7:00h – 22:00h
Sábados 9:00h – 12:30h
Copyright 2022 © Centro Move
Aviso legal – Política de privacidade
Política de cookies