IOGA
As clases de ioga son moito máis que un simple exercicio ou unha simple relaxación. Os obxectivos principais do ioga obtéñense cando se comeza a escoitar o propio corpo con respecto e sensibilidade, cando es capaz de observar os procesos da mente con obxectividade e desapego, e cando se aprende a vivir a vida dende a propia realidade interior.
Esta meta alcánzase traballando con, en e dende o corpo, para así conseguir unha vida vivida con serenidade e confianza.

En Move propoñemos dous tipos de Ioga:
01
Hatha Ioga
Nas clases de Hatha Ioga inclúense posturas (âsana), movemento (vinyasa), respiración consciente (pranayama), relaxación e meditación guiada. O obxectivo é fortalecernos fisicamente e mellorar o nivel enerxético para obter saúde e benestar a todos os niveis.

02
Ioga suave
Nas clases de ioga suave, ofrecemos unha práctica de Hatha Ioga Suave, na que fluiremos polas distintas propostas de forma máis pausada e con conciencia.

As clases non serán tan dinámicas e manteremos cada postura un período de tempo maior, para así obter todos os seus beneficios. Esta práctica busca unha relaxación profunda a nivel físico, mental e emocional.

Accede á túa clase de ioga online:
CONTACTO
ENDEREZO
Rúa Otero Pedrayo 8 baixo
36500 Lalín (PO)
Galicia (España)
HORARIO ÁREA SANITARIA
Luns a venres 7:45h – 21:00h
Sábados 7:45h – 14:00h
HORARIO ÁREA DEPORTIVA
Luns a venres 7:00h – 22:00h
Sábados 9:00h – 12:30h
Copyright 2022 © Centro Move
Aviso legal – Política de privacidade
Política de cookies
HORARIO ÁREA SANITARIA
Luns a venres 7:45h – 21:00h
Sábados 7:45h – 14:00h
HORARIO ÁREA DEPORTIVA
Luns a venres 7:00h – 22:00h
Sábados 9:00h – 12:30h
Copyright 2022 © Centro Move
Aviso legal – Política de privacidade
Política de cookies